Saltar ao contido principal

25N e MOCHILAS VIAXEIRAS

Hoxe é o día contra a violencia de xénero. Nas nosas aulas estivemos falando esta semana sobre o tema e aproveitamos a ignaguración oficial da Biblioteca do cole para contar o conto Arturo e Clementina.


A historia de Clementina fixo pensar ós pequenos e pequenas sobre a importancia do respeto e a liberdade. Estaban todos súper atentos. Shhh!


Ademáis da entrega de carnés para os novos usuarios de tres anos, da presentación oficial da Fada Rosalía e do repaso das normas de uso da Bilio, comezaron a rodar as mochilas viaxeiras que este curso xa comezan as visitas polas casas cheas de libros para compartir coas familias. En cada unha delas vai unha selección de contos e libros que conteñen:
1 libro CD de música en galego
2 libros en inglés (un deles con CD de música)
2 libros en lingua galega
2 libros enlingua castelá
1 libro de arte e manualidades
1 libro para nais e pais

Ademáis cada unha das mochilas contén unha libreta viaxeira onde podedes escribir, contar, debuxar ou pintar as vosas impresións sobre a mochila. Non vos esquezades de deixar a vosa opinión e contarnos que vos pareceu , para que poidamos mellorar esta actividade!




Comentarios

Publicacións populares deste blog

TEMPO DE SAMAIN

   Chegou o tempo do Samaín    Na escoliña de Verdu fixemos obradoiros terroríficos, tallamos as nosas cabazas cabaciñas coa axuda das familias e fixemos unha gran festa coa nosa merendola terrorífica e os nosos disfraces de medoooooo            

ESTRENAMOS OS NOVOS PETOS

 O outono xa chegou, as folliñas caen e cambian de cor.... O vento sopra sen parar, os ourizos caen, pódente picar... Parece que vai chover, mira para o ceo, pingas van caer... Encántanos cantarlle ao OUTONO con Uxía Lambona e a Banda Molona E aproveitamos o primeiro día de charcos para estrenar os nosos petos

COMEZAMOS OS NOVOS OBRADOIROS INTERNIVELARES

 Este ano temos novos obradoiros nos que mesturámonos os peques de 3, 4 e 5 anos para descubrir e experimentar xogando e divertíndonos No obradoiro de PROVOCACIÓNS experimentamos e construimos a partir de materiais naturais e de refugallo que nos inspiran a crear a través da nosa imaxinación No obradoiro da HORTA achegámonos e coidamos o noso entorno e vemos crecer as sementes e prantiñas que xerminamos No obradoiro de ROBÓTICA xogamos e aprendemos cos robots do cole, as tablets e a Pizarra máxica  E no obradoiro de ARTE deixamos voar a nosa creatividade para pintar e crear as nosas obras artísticas Estes son os nosos novos equipos para os LUNS e XOVES