Saltar ao contido principal

25 NOVEMBRO

Para esta data escollimos este ano un conto dos clásicos, dos que levan tempo acompañándonos nas nosas aulas para trabllar o tema da igualdade de xeito transversal no día a día.
En cada aula se leu, escoitou ou visionou de xeito dixital o conto ROSA CARAMELO e, despois de comentalo e falar da importancia de que cada elefante decida de qué cor quere ser demos paso a diferentes actividades adecuadas ás diferentes idades dos cativos.
Así que todos os nenos e nenas da Escola de Verducedo traballaron sobre este tema e decidiron de que cor ou cores pinaban a Magarida independientemente do azul e o rosa.
Ademáis escoitamos a fantástica canción de Charo Pita "Rosa e Azul" que tanto nos gusta.


Comentarios

Publicacións populares deste blog

TEMPO DE SAMAIN

   Chegou o tempo do Samaín    Na escoliña de Verdu fixemos obradoiros terroríficos, tallamos as nosas cabazas cabaciñas coa axuda das familias e fixemos unha gran festa coa nosa merendola terrorífica e os nosos disfraces de medoooooo            

ESTRENAMOS OS NOVOS PETOS

 O outono xa chegou, as folliñas caen e cambian de cor.... O vento sopra sen parar, os ourizos caen, pódente picar... Parece que vai chover, mira para o ceo, pingas van caer... Encántanos cantarlle ao OUTONO con Uxía Lambona e a Banda Molona E aproveitamos o primeiro día de charcos para estrenar os nosos petos

COMEZAMOS OS NOVOS OBRADOIROS INTERNIVELARES

 Este ano temos novos obradoiros nos que mesturámonos os peques de 3, 4 e 5 anos para descubrir e experimentar xogando e divertíndonos No obradoiro de PROVOCACIÓNS experimentamos e construimos a partir de materiais naturais e de refugallo que nos inspiran a crear a través da nosa imaxinación No obradoiro da HORTA achegámonos e coidamos o noso entorno e vemos crecer as sementes e prantiñas que xerminamos No obradoiro de ROBÓTICA xogamos e aprendemos cos robots do cole, as tablets e a Pizarra máxica  E no obradoiro de ARTE deixamos voar a nosa creatividade para pintar e crear as nosas obras artísticas Estes son os nosos novos equipos para os LUNS e XOVES