Saltar ao contido principal

DÍA DA PAZ

Como xa é tradición celebramos o Día da Paz compartindo unha xornada de convivencia cos nenos e nenas da EEI O Con.
Démoslles a benvida cunha canción que preparamos e logo os invitamos a participar con nós das nosas aulas.
Os pequenos e pequenas de tres anos limos un conto, compartimos cantigas e fixemos o que mellor se nos da: compartir os xogos da nosa aula.


Os nenos e nenas de catro anos tivemos a sorte de contar coa presencia de Ian, o nos auxiliar de conversa que acompañou á teacher Marta no conto A taste of the moon (A que sabe a lúa?). Despois fixeron cooperativamente lúas para decorar o cole.



Os maiores compartiron unha experiencia se cabe máis persoal. Por parellas tiveron que debuxarse, convertirse en retratistas por un momento e mirar moi de preto ó outro neno ou nena para poder debuxalo ben. Mentras tanto ían falando e coñecéndose.


Despois disfrutamos dunha estupenda merendola, que iso si que une!



E como tamén é costume, lles tiñamos preparados uns agasallos. Esta vez eran unhas pulseiras da amizade que os maiores do cole fixeron con moito afán.
Eles pola súa parte nos trouxeron uns agasallos feitos con cortes de troncos e pintados co símbolo da reciclaxe. Moitísimas grazas por todo.

Ata outro día amigos e amigas da EEI O Con.

Comentarios

Publicacións populares deste blog

Visita de Suso Verdeal

Hoxe tivemos a gran sorte de contar coa visita de Suso Verdeal, veciño de Moaña. Fixémoslle moitas preguntas e contounos que o que máis lle gusta facer é entrenar e competir en remo, ir á piscina, montar en bicicleta polo monte e coidar da súa horta. Ah! E facer o camiño de Santiago xunto aos seus amigos de Discamino . Tamén nos ensinou como entra no seu coche e como o conduce sen axuda de niguén . Ata deixou que algún neno do cole montara con él e probara! Moitísimas gracias Suso por ensinarnos que as limitacións están moitas veces na nnosa cabeza, que hai que intentar superarse cada día e que non deixemos que ninguén nos diga que non podemos. É un pracer ter visitas así.

COMEZAMOS OS NOVOS OBRADOIROS INTERNIVELARES

 Este ano temos novos obradoiros nos que mesturámonos os peques de 3, 4 e 5 anos para descubrir e experimentar xogando e divertíndonos No obradoiro de PROVOCACIÓNS experimentamos e construimos a partir de materiais naturais e de refugallo que nos inspiran a crear a través da nosa imaxinación No obradoiro da HORTA achegámonos e coidamos o noso entorno e vemos crecer as sementes e prantiñas que xerminamos No obradoiro de ROBÓTICA xogamos e aprendemos cos robots do cole, as tablets e a Pizarra máxica  E no obradoiro de ARTE deixamos voar a nosa creatividade para pintar e crear as nosas obras artísticas Estes son os nosos novos equipos para os LUNS e XOVES

TEMPO DE SAMAIN

   Chegou o tempo do Samaín    Na escoliña de Verdu fixemos obradoiros terroríficos, tallamos as nosas cabazas cabaciñas coa axuda das familias e fixemos unha gran festa coa nosa merendola terrorífica e os nosos disfraces de medoooooo