Saltar ao contido principal

INAUGURAMOS A NOSA BIBLIOTECA!

Aínda que a nosa biblio leva xa uns meses funcionando, hoxe tivemos por fin a súa inauguración oficial.
Coa axuda dos máis maiores da nosa escola lles contamos os novos alumn@s de tres anos como funciona o préstamo de tarde, cantos libros se poden levar ou por canto tempo. 
Tamén falamos de algúns cambios no funcionamento como por exemplo a nova ubicación da Biblioteca de Familiasagora este recanto con literatura para adultos estará ubicado na entrada do cole para que poidades acceder máis facilmente.
Tamén falamos sobre a nova organización dos exemplares. Como novidade, a partir deste ano estarán organizados polas letras do seu título, de maneira que cada caixa leva unha letra do abecedario e garda os contos que comenzan por esa letra.
Hoxe tamén foi un día especial xa que puxemos en marcha as Mochilas Viaxeiras. Sabedes que estas mochilas viaxarán ás vosas casas e estarán durante unha semana, na que poderedes disfrutar en familia dos exemplares que viaxan dentro dela. Recordade coidalos moito, desfrutalos sen límite e devolvelos a tempo para que poidan seguir a súa viaxe sen retrasos.








Comentarios

Publicacións populares deste blog

TEMPO DE SAMAIN

   Chegou o tempo do Samaín    Na escoliña de Verdu fixemos obradoiros terroríficos, tallamos as nosas cabazas cabaciñas coa axuda das familias e fixemos unha gran festa coa nosa merendola terrorífica e os nosos disfraces de medoooooo            

ESTRENAMOS OS NOVOS PETOS

 O outono xa chegou, as folliñas caen e cambian de cor.... O vento sopra sen parar, os ourizos caen, pódente picar... Parece que vai chover, mira para o ceo, pingas van caer... Encántanos cantarlle ao OUTONO con Uxía Lambona e a Banda Molona E aproveitamos o primeiro día de charcos para estrenar os nosos petos

COMEZAMOS OS NOVOS OBRADOIROS INTERNIVELARES

 Este ano temos novos obradoiros nos que mesturámonos os peques de 3, 4 e 5 anos para descubrir e experimentar xogando e divertíndonos No obradoiro de PROVOCACIÓNS experimentamos e construimos a partir de materiais naturais e de refugallo que nos inspiran a crear a través da nosa imaxinación No obradoiro da HORTA achegámonos e coidamos o noso entorno e vemos crecer as sementes e prantiñas que xerminamos No obradoiro de ROBÓTICA xogamos e aprendemos cos robots do cole, as tablets e a Pizarra máxica  E no obradoiro de ARTE deixamos voar a nosa creatividade para pintar e crear as nosas obras artísticas Estes son os nosos novos equipos para os LUNS e XOVES