Saltar ao contido principal

#euquedonacasa

Pois non hai moito que explicar...
Debido a alerta sanitaria provocada polo COVID-19 nos vemos obrigados a pasar uns días na casa.
Pero intentemos ver o lado positivo (que sempre o hai), aproveitemos estes días para facer os miles de cousas que sempre estamos decindo que non temos tempo de facer. Aproveitemos para pasar máis tempo co noso núcleo familiar, falemos de cousas, leamos xuntos, redescubramos os xogos de mesa que seguro andan por aí...
Cousas como cociñar, planificar comidas, facer listas, inventarnos cancións, escribir historias, practicar hábitos de autonomía como aprender a atar os cordóns ou a vertirnos sós...
No blogue da escola publicamos algúns recursos tic que podedes empregar para facer un pouco máis levadeiro este tempo, así como algunhas propostas de actividades

Ademáis a Fada Rosalía quere propoñervos algúns retos para estes días.
Resultado de imagen de cuentos
#reto01
A tod@s nos gustan os contos, ou polo menos nos gustaron algunha vez. A Fada Rosalía te invita a descubrircal era o conto favorito de mamá ou de papá cando eran pequenos. Por que non lle pides que cho conte? Despois podes facer un debuxo.




*Si te animas podes contarnos que o fixeches nos comentarios.

Comentarios

  1. De pequena eu escoitaba contos e fábulas, mentres viaxaba en coche. Lembro a fábula da cigarra e a formiga. Encantábame cantar a súa canción, Cri cri cri cri cri cri cri, son a cigarra feliz....e mentres a cigarra cantaba e se relaxaba....a formiga veña a traballar e a recoller comida. Moralexa: hai tempo pra todo, pra traballar e divertirse.

    ResponderEliminar

Publicar un comentario

Publicacións populares deste blog

Visita de Suso Verdeal

Hoxe tivemos a gran sorte de contar coa visita de Suso Verdeal, veciño de Moaña. Fixémoslle moitas preguntas e contounos que o que máis lle gusta facer é entrenar e competir en remo, ir á piscina, montar en bicicleta polo monte e coidar da súa horta. Ah! E facer o camiño de Santiago xunto aos seus amigos de Discamino . Tamén nos ensinou como entra no seu coche e como o conduce sen axuda de niguén . Ata deixou que algún neno do cole montara con él e probara! Moitísimas gracias Suso por ensinarnos que as limitacións están moitas veces na nnosa cabeza, que hai que intentar superarse cada día e que non deixemos que ninguén nos diga que non podemos. É un pracer ter visitas así.

COMEZAMOS OS NOVOS OBRADOIROS INTERNIVELARES

 Este ano temos novos obradoiros nos que mesturámonos os peques de 3, 4 e 5 anos para descubrir e experimentar xogando e divertíndonos No obradoiro de PROVOCACIÓNS experimentamos e construimos a partir de materiais naturais e de refugallo que nos inspiran a crear a través da nosa imaxinación No obradoiro da HORTA achegámonos e coidamos o noso entorno e vemos crecer as sementes e prantiñas que xerminamos No obradoiro de ROBÓTICA xogamos e aprendemos cos robots do cole, as tablets e a Pizarra máxica  E no obradoiro de ARTE deixamos voar a nosa creatividade para pintar e crear as nosas obras artísticas Estes son os nosos novos equipos para os LUNS e XOVES

TEMPO DE SAMAIN

   Chegou o tempo do Samaín    Na escoliña de Verdu fixemos obradoiros terroríficos, tallamos as nosas cabazas cabaciñas coa axuda das familias e fixemos unha gran festa coa nosa merendola terrorífica e os nosos disfraces de medoooooo