Saltar ao contido principal

2 DE ABRIL: DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO INFANTIL E XUVENIL




Desde 1967 cada 2 de abril celébrase o DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO INFANTIL E XUVENIL coincidindo coa data de nacemento de Hans Christian Andersen. O seu obxectivo é fomentar e espertar o interese e o amor pola lectura nas nenas e nenos e na mocidade. E poder facer así, un hábito de vida.
Por que HANS CHRISTIAN ANDERSEN?
Este foi o primeiro gran clásico da Literatura Infantil sendo unha figura fundamental deste xénero de tódolos tempos. A súa obra “Clásicos para nenos” está caracterizada pola súa sensibilidade á hora de esculpir personaxes como o “Sastriño Valente”, “A sereíña” ou “O patiño feo”.

Antes da súa chegada, a Literatura Infantil era considerada subliteratura, non se lle daba o mesmo valor que a adulta.
Na actualidade esta situación mudou considerablemente. A Literatura Infantil é obxecto de análise e de crítica. Incluso ten os seus propios premios e a súa propia lista de Bestsellers. Os autores teñen en conta os gustos e as necesidades infantís. Así pois, nas librerías podemos atopar unha gran oferta deste xénero desde libros destinados á transmisión de valores e educativos ata libros de entretemento e diversión. 
Hai que ter en conta que a literatura infantil non é allea ao mundo e sociedade na que vivimos polo que as temáticas tamén se adaptan e avanzan cos tempos. Na actualidade a literatura infantil é un recurso maravilloso para axudar ás nenas e nenos a entender determinados cuestións que non sempre son doadas de explicar: a morte dun familiar, a igualdade de xénero, a inclusión, etc.
Para festexar este día as mestras do cole queremos transmitir ás nenas e nenos cales son os nosos contos favoritos do mundo mundial. Estas non é unha tarefa doada xa que son moitos os nosos libros favoritos. Pero de entre todos selecionamos os seguintes:

A profe Noela vai a compartir dous contos.
O primeiro é un conto que lle contaban cando era cativa. “Margarita, está linda la mar” un precioso poema de Rubén Darío.
E o segundo é o clásico de “Cocorico” da editorial OQO
A Profe Sara (titora de 5 anos) cando era cativa gustáballe moito o conto de “A formiga e a Cigarra”, unha fábula que amosa que todo se consegue con esforzo e traballo.
Pero na actualidade gústalle moito "A Cebra Camila" de Marisa Núñez
O conto favorito do mundo mundial da Profe Marta (profe de 4 anos) é "La ovejita que vino a cenar" un conto que fala da amizade, xenerosidade e aceptación das diferencias.


Profe Laura ten dous contos favoritos.
“O anano saltarín” un conto tradicional alemán recollido polos Irmáns Grimms
“A toupiña que quería saber quen lle fixera aquilo na cabeza”
A recomendación da teacher Marta é “A que sabe a lúa?” ou como lle gusta a ela “A taste of the moon”. Deixamos dous enlaces do conto. Un en galego e outro en inglés.

A última recomendación faina profe Sara (apoio) para ela o seu conto favorito é “A casa da mosca chosca” de Eva Mejuto.

E se queredes podedes enviar unha foto co voso conto favorito do mundo mundial. 
Unha aperta moi grande a todas e todos!

Comentarios

Publicacións populares deste blog

Visita de Suso Verdeal

Hoxe tivemos a gran sorte de contar coa visita de Suso Verdeal, veciño de Moaña. Fixémoslle moitas preguntas e contounos que o que máis lle gusta facer é entrenar e competir en remo, ir á piscina, montar en bicicleta polo monte e coidar da súa horta. Ah! E facer o camiño de Santiago xunto aos seus amigos de Discamino . Tamén nos ensinou como entra no seu coche e como o conduce sen axuda de niguén . Ata deixou que algún neno do cole montara con él e probara! Moitísimas gracias Suso por ensinarnos que as limitacións están moitas veces na nnosa cabeza, que hai que intentar superarse cada día e que non deixemos que ninguén nos diga que non podemos. É un pracer ter visitas así.

TEMPO DE SAMAIN

   Chegou o tempo do Samaín    Na escoliña de Verdu fixemos obradoiros terroríficos, tallamos as nosas cabazas cabaciñas coa axuda das familias e fixemos unha gran festa coa nosa merendola terrorífica e os nosos disfraces de medoooooo            

COMEZAMOS OS NOVOS OBRADOIROS INTERNIVELARES

 Este ano temos novos obradoiros nos que mesturámonos os peques de 3, 4 e 5 anos para descubrir e experimentar xogando e divertíndonos No obradoiro de PROVOCACIÓNS experimentamos e construimos a partir de materiais naturais e de refugallo que nos inspiran a crear a través da nosa imaxinación No obradoiro da HORTA achegámonos e coidamos o noso entorno e vemos crecer as sementes e prantiñas que xerminamos No obradoiro de ROBÓTICA xogamos e aprendemos cos robots do cole, as tablets e a Pizarra máxica  E no obradoiro de ARTE deixamos voar a nosa creatividade para pintar e crear as nosas obras artísticas Estes son os nosos novos equipos para os LUNS e XOVES