Saltar ao contido principal

#reto10/ #challenge10


#Reto10/ #Challenge10
O seguinte reto ven da man de Captain Jack! Habitualmente, o noso amigo Jack axúdanos a navegar por mares nos que se fala inglés. Pero hoxe e el quen precisa da túa axuda para atopar un tesouro que hai escondido na casa... si, na túa casa!
Terás que facer unha búsqueda do tesouro por toda a casa, poden acompañarte os teus pais ou irmáns, que te irán axudando a seguir as pistas.

Non esquezas contarnos o que atopas!!

*Se te animas, podes debuxar o teu propio mapa do tesouro. Recorda que o zume de limón actúa como tinta invisible coa que poderás marcar o lugar onde están as pistas e o tesouro ;)


 Captain Jack, Fiti, Japi, Maruxa, a Fada Rosalía e as profes deséxanvos unhas felices vacacións!

Comentarios

Publicacións populares deste blog

TEMPO DE SAMAIN

   Chegou o tempo do Samaín    Na escoliña de Verdu fixemos obradoiros terroríficos, tallamos as nosas cabazas cabaciñas coa axuda das familias e fixemos unha gran festa coa nosa merendola terrorífica e os nosos disfraces de medoooooo            

COMEZAMOS OS NOVOS OBRADOIROS INTERNIVELARES

 Este ano temos novos obradoiros nos que mesturámonos os peques de 3, 4 e 5 anos para descubrir e experimentar xogando e divertíndonos No obradoiro de PROVOCACIÓNS experimentamos e construimos a partir de materiais naturais e de refugallo que nos inspiran a crear a través da nosa imaxinación No obradoiro da HORTA achegámonos e coidamos o noso entorno e vemos crecer as sementes e prantiñas que xerminamos No obradoiro de ROBÓTICA xogamos e aprendemos cos robots do cole, as tablets e a Pizarra máxica  E no obradoiro de ARTE deixamos voar a nosa creatividade para pintar e crear as nosas obras artísticas Estes son os nosos novos equipos para os LUNS e XOVES

ESTRENAMOS OS NOVOS PETOS

 O outono xa chegou, as folliñas caen e cambian de cor.... O vento sopra sen parar, os ourizos caen, pódente picar... Parece que vai chover, mira para o ceo, pingas van caer... Encántanos cantarlle ao OUTONO con Uxía Lambona e a Banda Molona E aproveitamos o primeiro día de charcos para estrenar os nosos petos