A semana pasada celebrábamos o Primeiro de Maio, festa do traballo e nesta semana estaríamos conmemorando a festa dos maios.
Pero como este ano non é posible facer o noso maio na escola vos pedimos que os agades na casa. Celebremos un CoronaMaio! Así que aproveitade as vosas saídas para recoller pequenas cousas que vos sirvan para formar o voso CoronaMaio. Pode ser simplemente unha composición de elementos naturais que nos recorden esa festividade, un debuxo pintado por vós ou algunha manualidade.
Deixade voar a imaxinación!
Comentarios
Publicar un comentario