Saltar ao contido principal

#reto19/ #challenge19

E case sen darnos conta xa estamos no mes de maio. Cada vez temos máis horas de luz e de sol! Queremos compartir esta preciosa canción dedicada a Mr. Sun, que ultimamente anda algo agochado, animémolo a saír! Let’s sing and dance! 

 Is it sunny today? Aproveita para xogar un ratiño co sol! Por suposto, se non da o sol na túa casa, podes empregar unha lámpada.

Só precisas papel, un rotulador e obxectos que teñas en casa: xoguetes, froita, caixas, plantas...

  • Colócaos como máis che guste e asegúrate de que lles dea a luz directamente.
  • Cando remates a túa composición, fíxate cara onde se proxecta a sombra e coloca aí o folio.
  • Repasa a silueta con rotulador.
  • Decora como máis che guste! Podes empregar tódalas técnicas que se che ocorran :)

Se empregaches a luz do sol espera un ratiño e fíxate: que ocorre? Segue a sombra no mesmo lugar? Coincide a imaxe que trazaches coa sombra?

Aproveita para aprender como se chaman todos eses obxectos in English se aínda non o sabes!

 

 Non te esquezas de contarnos todo o que descubras e de compartir as túas creacións!


Comentarios

Publicacións populares deste blog

TEMPO DE SAMAIN

   Chegou o tempo do Samaín    Na escoliña de Verdu fixemos obradoiros terroríficos, tallamos as nosas cabazas cabaciñas coa axuda das familias e fixemos unha gran festa coa nosa merendola terrorífica e os nosos disfraces de medoooooo            

COMEZAMOS OS NOVOS OBRADOIROS INTERNIVELARES

 Este ano temos novos obradoiros nos que mesturámonos os peques de 3, 4 e 5 anos para descubrir e experimentar xogando e divertíndonos No obradoiro de PROVOCACIÓNS experimentamos e construimos a partir de materiais naturais e de refugallo que nos inspiran a crear a través da nosa imaxinación No obradoiro da HORTA achegámonos e coidamos o noso entorno e vemos crecer as sementes e prantiñas que xerminamos No obradoiro de ROBÓTICA xogamos e aprendemos cos robots do cole, as tablets e a Pizarra máxica  E no obradoiro de ARTE deixamos voar a nosa creatividade para pintar e crear as nosas obras artísticas Estes son os nosos novos equipos para os LUNS e XOVES

ESTRENAMOS OS NOVOS PETOS

 O outono xa chegou, as folliñas caen e cambian de cor.... O vento sopra sen parar, os ourizos caen, pódente picar... Parece que vai chover, mira para o ceo, pingas van caer... Encántanos cantarlle ao OUTONO con Uxía Lambona e a Banda Molona E aproveitamos o primeiro día de charcos para estrenar os nosos petos