Saltar ao contido principal

#reto20

E co #reto20 chega a semana das Letras Galegas.
Este ano se adica ese día tan especial do 17 de maio a Ricardo Carballo, máis coñecido como Carvalho Calero que é como firmaba as súas obras.
Carvalho Calero foi profesor, escritor, filólogo, poeta, pensador... Entre as súas obras hoxe ímos destacar unha que se chama As pitas baixo a choiva onde conta a historia dunhas pitas que.... mellor mira a adaptación do conto.

Chulo, verdade? Tamén A Banda das pitas cederon de xeito libre unhas cancións chulísimas que podedes escoitar se premedes na seguinte imaxe. A bailar coias pitas!

E por último, aquí ven o reto. Mirade o seguinte video publicado pola editorial Costa Oeste sobre os persoaxes do conto de Carvalh Calero. O #reto20 consiste en que ti tamén fagas algunha figura coa túa merenda. A ver que se che ocorre!


Comentarios

Publicacións populares deste blog

TEMPO DE SAMAIN

   Chegou o tempo do Samaín    Na escoliña de Verdu fixemos obradoiros terroríficos, tallamos as nosas cabazas cabaciñas coa axuda das familias e fixemos unha gran festa coa nosa merendola terrorífica e os nosos disfraces de medoooooo            

ESTRENAMOS OS NOVOS PETOS

 O outono xa chegou, as folliñas caen e cambian de cor.... O vento sopra sen parar, os ourizos caen, pódente picar... Parece que vai chover, mira para o ceo, pingas van caer... Encántanos cantarlle ao OUTONO con Uxía Lambona e a Banda Molona E aproveitamos o primeiro día de charcos para estrenar os nosos petos

COMEZAMOS OS NOVOS OBRADOIROS INTERNIVELARES

 Este ano temos novos obradoiros nos que mesturámonos os peques de 3, 4 e 5 anos para descubrir e experimentar xogando e divertíndonos No obradoiro de PROVOCACIÓNS experimentamos e construimos a partir de materiais naturais e de refugallo que nos inspiran a crear a través da nosa imaxinación No obradoiro da HORTA achegámonos e coidamos o noso entorno e vemos crecer as sementes e prantiñas que xerminamos No obradoiro de ROBÓTICA xogamos e aprendemos cos robots do cole, as tablets e a Pizarra máxica  E no obradoiro de ARTE deixamos voar a nosa creatividade para pintar e crear as nosas obras artísticas Estes son os nosos novos equipos para os LUNS e XOVES