Saltar ao contido principal

25N2020

Non podíamos pasar esta data sen recordar a importancia do respecto entre homes e mulleres e mulleres e homes, en definitiva entre persoas.
Por iso hoxe a escola de Verducedo teñiuse de cor morada, e tanto profes como alumnos vestimos camisetas moradas baixo o lema: NON Á VIOLENCIA MACHISTA e traballamos cos nosos pequenos durante as xornadas anteriores o respecto e a igualdade con contos como:


Pero non queda aí o noso traballo, xa que estivemos moitos días bailando, cantando e xogando xunt@s para poder facer este video tan chulo coa canción que escollimos neste día: AZUL e ROSA de Charo Pita.


 E as profes quixemos visibilizar este día con unhas fotos moi chulas que queren reivindicar a forza das mulleres para poder facer todo o que se propoñan, si si, todo dende fregar e limpar ata poder mover o mundo. Porque as mulleres somos fortes, valentes, incríbles, poderosas, aventureiras, bravas, capaces e moito máis.








Comentarios

Publicacións populares deste blog

TEMPO DE SAMAIN

   Chegou o tempo do Samaín    Na escoliña de Verdu fixemos obradoiros terroríficos, tallamos as nosas cabazas cabaciñas coa axuda das familias e fixemos unha gran festa coa nosa merendola terrorífica e os nosos disfraces de medoooooo            

ESTRENAMOS OS NOVOS PETOS

 O outono xa chegou, as folliñas caen e cambian de cor.... O vento sopra sen parar, os ourizos caen, pódente picar... Parece que vai chover, mira para o ceo, pingas van caer... Encántanos cantarlle ao OUTONO con Uxía Lambona e a Banda Molona E aproveitamos o primeiro día de charcos para estrenar os nosos petos

COMEZAMOS OS NOVOS OBRADOIROS INTERNIVELARES

 Este ano temos novos obradoiros nos que mesturámonos os peques de 3, 4 e 5 anos para descubrir e experimentar xogando e divertíndonos No obradoiro de PROVOCACIÓNS experimentamos e construimos a partir de materiais naturais e de refugallo que nos inspiran a crear a través da nosa imaxinación No obradoiro da HORTA achegámonos e coidamos o noso entorno e vemos crecer as sementes e prantiñas que xerminamos No obradoiro de ROBÓTICA xogamos e aprendemos cos robots do cole, as tablets e a Pizarra máxica  E no obradoiro de ARTE deixamos voar a nosa creatividade para pintar e crear as nosas obras artísticas Estes son os nosos novos equipos para os LUNS e XOVES