Saltar ao contido principal

DÍA DA PAZ 2021

 Este ano máis que nunca queremos celebrar o Día mundial da Paz e a Non Violencia. Porque estamos a vivir momentos nos que a solidariedade, o respecto e a colaboración farán que pronto poidamos volver á normalidade. Loitando xuntos dende a responsabilidade acabaremos con este virus que tanto nos está facendo sufrir.

E coma sempre, os nosos pequenos son o exemplo perfecto, demostrando unha vez máis que podemos acortar as distancias sen necesidade de estar xuntos fisicamente, enviando cos ollos apertas virtuais cheas de enerxía positiva, amor e cariño.

Con todos vós o video da Paz de este ano 2021 en colaboración cos nenos e nenas da EEI O Con, xa que non poidemos reunirnos fisicamente fixémolo virtualmente.

Esperamos que vos requeteencante!



Comentarios

Publicacións populares deste blog

TEMPO DE SAMAIN

   Chegou o tempo do Samaín    Na escoliña de Verdu fixemos obradoiros terroríficos, tallamos as nosas cabazas cabaciñas coa axuda das familias e fixemos unha gran festa coa nosa merendola terrorífica e os nosos disfraces de medoooooo            

ESTRENAMOS OS NOVOS PETOS

 O outono xa chegou, as folliñas caen e cambian de cor.... O vento sopra sen parar, os ourizos caen, pódente picar... Parece que vai chover, mira para o ceo, pingas van caer... Encántanos cantarlle ao OUTONO con Uxía Lambona e a Banda Molona E aproveitamos o primeiro día de charcos para estrenar os nosos petos

COMEZAMOS OS NOVOS OBRADOIROS INTERNIVELARES

 Este ano temos novos obradoiros nos que mesturámonos os peques de 3, 4 e 5 anos para descubrir e experimentar xogando e divertíndonos No obradoiro de PROVOCACIÓNS experimentamos e construimos a partir de materiais naturais e de refugallo que nos inspiran a crear a través da nosa imaxinación No obradoiro da HORTA achegámonos e coidamos o noso entorno e vemos crecer as sementes e prantiñas que xerminamos No obradoiro de ROBÓTICA xogamos e aprendemos cos robots do cole, as tablets e a Pizarra máxica  E no obradoiro de ARTE deixamos voar a nosa creatividade para pintar e crear as nosas obras artísticas Estes son os nosos novos equipos para os LUNS e XOVES