Saltar ao contido principal

ENVÍO ESPECIAL

 O venres pasado viñeron á nosa escola Susana e Serafín a recoller un pedido moi moi  especial. 

Que será será? 

Non volo podemos contar todavía pero pronto o descubriredes...

Ademáis nos trouxeron un regalo para cada un de nós, o libro de Óscar y el león de correos. Moitísimas grazas pola vosa visita.


























Comentarios

Publicacións populares deste blog

O ENTROIDO EN VERDUCEDO

 Este ano en Verducedo eleximos a película de Mulán para crear os nosos disfraces.  Mulán cumpre 25 anos como a nosa escola. As mamis fixeron os disfraces de Mulán e Li Shang e prepararon unha supercarroza para o desfile da Xoubiña. Que gran traballo, esforzo e adicación! Sodes as mellores! De luns a xoves seguimos as comandas do Meco e o venres fixemos merendola e desfile. Recibimos a visita da comparsa de Moaña "Delas" e nos axudaron a facer o estandarte con letras chinas  Mirade que ben o pasamos, nin a choiva puido con nós, nunca choveu que non escampara VIVAAAAAAAAAAAAAAAAA O CARNAVAAAAAAAAAAAAAAAAAAL

Visita de Suso Verdeal

Hoxe tivemos a gran sorte de contar coa visita de Suso Verdeal, veciño de Moaña. Fixémoslle moitas preguntas e contounos que o que máis lle gusta facer é entrenar e competir en remo, ir á piscina, montar en bicicleta polo monte e coidar da súa horta. Ah! E facer o camiño de Santiago xunto aos seus amigos de Discamino . Tamén nos ensinou como entra no seu coche e como o conduce sen axuda de niguén . Ata deixou que algún neno do cole montara con él e probara! Moitísimas gracias Suso por ensinarnos que as limitacións están moitas veces na nnosa cabeza, que hai que intentar superarse cada día e que non deixemos que ninguén nos diga que non podemos. É un pracer ter visitas así.

SAÍDA AO MERCADO

O mes de abril, saídas miiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiil Como no conto de Nicolás vai de compras, fomos ó mercado a comprar froita e á panadería a mercar e facer un obradoiro de pan. Visitamos o mercado e mercadillo de Moaña e a Panadería "Buenas Migas" Pasámolo pipaaaaaaaaaaaaaaaaaa