Saltar ao contido principal

DÍA ESCOLAR DA PAZ E A NON VIOLENCIA

 O 30 de xaneiro celebrouse o Día Escolar da Paz e a non violencia. Este ano tivemos unha visita moi especial, un paiaso de Galiclown viu a visitarnos. GALICLOWN é unha asociación que se dedica a alegrar  un pouco as estancias dos nenos e nenas nos hospitales galegos. Podedes visitar a súa páxina web aquí https://galiclown.org/es/

Para axudalos pedimos a colaboración de todas as familias, que aportaron con moito cariño e non menos esforzo as súas doazóns. Grazas a vós conseguimos recaudar para os paiasos de hospital unha moi xenerosa cantidade !!!

Mirade que ben o pasamos!



Comentarios

Publicacións populares deste blog

TEMPO DE SAMAIN

   Chegou o tempo do Samaín    Na escoliña de Verdu fixemos obradoiros terroríficos, tallamos as nosas cabazas cabaciñas coa axuda das familias e fixemos unha gran festa coa nosa merendola terrorífica e os nosos disfraces de medoooooo            

ESTRENAMOS OS NOVOS PETOS

 O outono xa chegou, as folliñas caen e cambian de cor.... O vento sopra sen parar, os ourizos caen, pódente picar... Parece que vai chover, mira para o ceo, pingas van caer... Encántanos cantarlle ao OUTONO con Uxía Lambona e a Banda Molona E aproveitamos o primeiro día de charcos para estrenar os nosos petos

COMEZAMOS OS NOVOS OBRADOIROS INTERNIVELARES

 Este ano temos novos obradoiros nos que mesturámonos os peques de 3, 4 e 5 anos para descubrir e experimentar xogando e divertíndonos No obradoiro de PROVOCACIÓNS experimentamos e construimos a partir de materiais naturais e de refugallo que nos inspiran a crear a través da nosa imaxinación No obradoiro da HORTA achegámonos e coidamos o noso entorno e vemos crecer as sementes e prantiñas que xerminamos No obradoiro de ROBÓTICA xogamos e aprendemos cos robots do cole, as tablets e a Pizarra máxica  E no obradoiro de ARTE deixamos voar a nosa creatividade para pintar e crear as nosas obras artísticas Estes son os nosos novos equipos para os LUNS e XOVES