Saltar ao contido principal

TOPITO TERREMOTO

Durante o mes de novembro, descubrimos o conto de Topito Terremoto

Topito é un neno desbordante de enerxía que lle custa saber parar.

Os compis e os adultos que o rodean teñen prexuizos e o etiquetan de "inútil" e "despistado"

Con este conto aprendemos a ter paciencia, a non poñer etiquetas negativas e a canalizar a nosa enerxía, por todos somos un pouquiño hiperactivos ás veces e temos que aprender a parar.


Logo fixemos un mural con tódalas etiquetas de Topito Terremoto, mirade que chuli nos quedou





Comentarios

Publicacións populares deste blog

TEMPO DE SAMAIN

   Chegou o tempo do Samaín    Na escoliña de Verdu fixemos obradoiros terroríficos, tallamos as nosas cabazas cabaciñas coa axuda das familias e fixemos unha gran festa coa nosa merendola terrorífica e os nosos disfraces de medoooooo            

ESTRENAMOS OS NOVOS PETOS

 O outono xa chegou, as folliñas caen e cambian de cor.... O vento sopra sen parar, os ourizos caen, pódente picar... Parece que vai chover, mira para o ceo, pingas van caer... Encántanos cantarlle ao OUTONO con Uxía Lambona e a Banda Molona E aproveitamos o primeiro día de charcos para estrenar os nosos petos

COMEZAMOS OS NOVOS OBRADOIROS INTERNIVELARES

 Este ano temos novos obradoiros nos que mesturámonos os peques de 3, 4 e 5 anos para descubrir e experimentar xogando e divertíndonos No obradoiro de PROVOCACIÓNS experimentamos e construimos a partir de materiais naturais e de refugallo que nos inspiran a crear a través da nosa imaxinación No obradoiro da HORTA achegámonos e coidamos o noso entorno e vemos crecer as sementes e prantiñas que xerminamos No obradoiro de ROBÓTICA xogamos e aprendemos cos robots do cole, as tablets e a Pizarra máxica  E no obradoiro de ARTE deixamos voar a nosa creatividade para pintar e crear as nosas obras artísticas Estes son os nosos novos equipos para os LUNS e XOVES